fbpx

Alén do azul. Ecoedición ampliada

24,00

Presentamos unha nova edición de Alen do azul. O mundo submarino da ría de Vigo, ampliada e seguindo os preceptos da ecoedición: totalmente libre de plástico.

Sara Carrasco e Silvia Iglesias (13 Grados), ademais de levarnos de mergullo pola ría de Vigo a visitar un mundo próximo baixo outra luz, guíannos nunha viaxe fascinante para coñecer as paisaxes submarinas e os seres que as habitan por medio de fotografías, ilustracións e mesmo vídeos ligados con códigos QR.

Dispoñible

Presentamos unha nova edición de Alen do azul. O mundo submarino da ría de Vigo, ampliada e seguindo os preceptos da ecoedición: totalmente libre de plástico.

Sara Carrasco e Silvia Iglesias (13 Grados), ademais de levarnos de mergullo pola ría de Vigo a visitar un mundo próximo baixo outra luz, guíannos nunha viaxe fascinante para coñecer as paisaxes submarinas e os seres que as habitan por medio de fotografías, ilustracións e mesmo vídeos ligados con códigos QR.

E non só iso xa que, nesta edición especial ampliada, coñeceremos aínda máis sobre os habitantes dos nosos fondos mariños (e non tan fondos) cun capítulo sobre a columna de auga, hábitat e lugar de paso de luras, rinchas e quenllas, entre outros fabulosos seres.

A obra inclúe unha escolma de recomendacións para coñecer de preto o mergullo e facer esta actividade de xeito responsable.

Sobre 13 Grados

Trece graos é a temperatura á que está habitualmente a auga no fondo das rías, unha temperatura que traen as correntes frías desde as profundidades do océano até as nosas costas, as mesmas correntes que enchen de nutrientes as augas, dando orixe a unha gran biodiversidade e tinguíndoas da súa cor verde tan característica. Agora é tamén o nome dun proxecto para a divulgación e conservación do medio mariño da ría de Vigo a través do que elaborar recursos didácticos e organizar actividades e exposicións que permitan amosar o descoñecido mundo submarino das nosas rías, a súa beleza, biodiversidade e importancia. Porén, este proxecto tamén quere botar luz sobre o estado actual das rías ante as ameazas que poñen en perigo a súa existencia tal e como a coñecemos e de que forma a nosa vida cotiá inflúe na súa saúde.

Autoría

Sara Carrasco González

Sara Carrasco Gónzález (1986) é fisioterapeuta de formación, mais decidiu acabar mergullándose na ilustración naturalista e no mundo submarino, o cal retrata nesta obra mediante acuarela e lapis.

A súa formación sobre o mar parte de distintos ámbitos, desde os cursos «Ecosistemas mariños: diversidade e ameazas dos ecosistemas bentónicos» (Aula Cram), «Bioloxía mariña xeral» (ZOEA Campus) e «Ilustra peces» (Illustraciencia), até as sesións semanais de aprendizaxe e perfeccionamento de técnicas de pintura (Taller Zoográfico). Dispón do certificado de mergullo Advanced Open Water Diver (PADI).

Silvia Iglesias Prado

Silvia Iglesias Prado (1979) é psicóloga orientada ao eido da educación. En 2018, decidiu formarse en bioloxía mariña e na conservación e educación ambiental, eidos próximos á súa gran paixón: o mar. Aproveita as máis de 300 inmersións que leva feitas na ría de Vigo para realizar filmacións e fotografías que recollen en detalle as curiosidades e a beleza do mundo submarino.

Formada como educadora e intérprete mariña (Instituto Erudite), dispón do título de técnica de educación ambiental (Instituto Erudite) e realizou diferentes cursos de especialización, como «Curso de biodiversidade e conservación mariña» (Aula Foz), «Ecosistemas mariños: diversidade e ameazas dos ecosistemas bentónicos» (Aula Cram), «Bioloxía mariña xeral» (ZOEA Campus), «Tiburóns e raias» (ZOEA Campus) e «Arrecifes de coral» (ZOEA Campus). Tamén conta co certificado Advanced Open Water Diver (PADI).

Proxecto subvencionado ao abeiro da orde pola que se regulan as subvencións públicas con cargo aos orzamentos xerais do Estado na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia do exercicio orzamentarios do ano 2021

autoria
Peso 0.693 kg
Dimensións 2.1 × 17.3 × 24.5 cm
ISBN

978-84-124635-0-7

FORMATO

Encadernación tapa dura

Nº PÁXINAS

188

XÉNERO

Divulgación, Infantil / Xuvenil

Hache prestar tamén...

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies