fbpx

DESTACADO

Infocracia. A dixitalización e a crise da democracia

A quen lle gusta discutir e reabrir debates caducos nas redes sociais? Por que din tantas barrabasadas nelas e a quen lle convén? O filósofo alemán mais lido do mundo reflexiona sobre o discurso dixital e como afecta á calidade de todas as democracias.

Por primeira vez editado en galego, Byung-Chul Han describe neste último ensaio a actual crise da democracia e atribúea ao cambio estrutural da esfera pública na dixitalización. Esa crise ten un nome: infocracia.

DESTACADO

A vulva contra o patriarcado

En febreiro de 2021 publicamos a nosa primeira banda deseñada: A froita do coñecemento, un traballo proposto por David A. Álvarez, que traduciu dende o sueco este libro que fala da cona. E lo, non se fala abondo dela? Pois si, pero sen saber. O patriarcado sempre tivo moito que dicir sobre a cona pero… ás mulleres pouco lles preguntaron ao respecto. Atrévete con esta banda deseñada que non só ilustra, tamén fai escachar coa risa e mesmo anoxarse un pouco con algún que outro personaxe.

Subscríbete ao boletín

Mantente ao tanto das novidades, avances e promocións

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies