fbpx

Novas – 1.º trimestre de 2024

03/04/2024 Miguel Braña

O primeiro trimestre do ano estivo marcado pola publicación de Na sala dos espellos, pero tamén seguimos con presentacións d’As bicicletas si son para Galicia.

Xaneiro

No primeiro mes de ano falamos de intercooperación. Neste vídeo de Espazocoop contamos como foi a experiencia de colaborar con 13 Grados para publicar a obra Alén do azul.

Esa busca de espazos de encontro con proxectos afíns é unha constante na vida da editora e resultou nalgúns dos nosos libros máis sinalados.

Febreiro

Comezou febreiro co anuncio da prevenda da obra de Liv Strömquist Na sala dos espellos, unha nova banda deseñada desta influente autora sueca. Co gallo da súa publicación, tamén tivemos ocasión de escoitar unha interesantísima entrevista a David A. Álvarez, o seu tradutor. Foi no programa Diario Cultural da Radio Galega.

Tamén a comezos de mes (en concreto, o día 2) participamos na Asemblea de Planificación 2024 de Espazocoop, a unión de cooperativas galegas, da que a nosa editora é socia.

O día 23 de febreiro retomamos as presentacións d’As bicicletas si son para Galicia. Desta volta estivemos na Coruña, na Escola da Bici, onde Patricia Buxán, coautora e editora, e Daniel Díaz Grandío, colaborador e experto en mobilidade, tiveron ocasión de falar sobre o uso da bicicleta, en particular no contexto urbano. A conversa estivo moderada por Álex Voces, presidente de Mobi-liza.

E precisamente no blog de Mobi-liza podedes atopar un bo resumo (con fotografías) de como foi o evento. Así mesmo, no Xornal da Coruña tamén recolleron o interese que suscitou esta presentación.

Marzo

O día 2 de marzo repetimos visita á Coruña, desta volta na feira Biocultura, onde volveron participar  Daniel Díaz, experto en mobilidade urbana, e Álex Voces, presidente de Mobi-liza, para falar d’As bicicletas si son para Galicia.

Co gallo do Día da Muller, Eva Mejuto falou d’A froita do coñecemento na súa colaboración «Lecturas para o 8-M», no Diario Cultural da CRTVG.

, , , , , , , , , , ,

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies