Imaxe e texto
Ecoedición para todas
Traballamos para facer ecoedición pero non só para nós!
Facemos libros, manuais, catálogos… todo tipo de publicacións para todas as persoas e entidades (particulares, organismos e empresas) de fío a fondo, mais non só iso. Imaxe e texto son as dúas áreas que mellor describen as nosas tarefas.
Intervimos na etapa do proxecto que precises, for a edición de textos, for a maquetación ou a comercialización. Nalgúns proxectos facemos varias etapas ou só apoio nunha delas. A isto tamén se lle chama acotío servizos editoriais.
Imaxe corporativa, campañas de comunicación, tradución, xestión da impresión… tes unha listaxe máis abaixo!
Refachos
As obras que editamos mais non forman parte do noso catálogo, poden atoparse baixo o selo Refachos.
Creamos este vento fungón para axudar ás persoas que precisan de autoeditarse e/ou distribuirse, de tal xeito que, as que o precisan, contan con ISBN e Depósito Legal.
Portfolio
Velaquí unha selección de traballos que fixemos e proxectos nos que colaboramos até o de agora
Como lle chaman?
Hai que poñerlle nome ás cousas e os servizos de imaxe e texto abranguen solucións moi diversas, que mesmo poden ir encadeadas
Produtos e servizos editoriais
- Informes de lectura
- Revisións de traducións
- Corrección ortotipográfica
- Corrección de estilo e de concepto
- Coordinación editorial
- Tradución
- Edición / Publicación
Deseño e maquetación
- Maquetación e compaxinación
- Deseño de cubertas
- Elaboración de índices
- Deseño gráfico
- Ilustración
- Redacción de peritextos
- Corrección de probas
- Impresión
Marketing e comunicación
- Plan de comunicación
- Gabinete de prensa
- Deseño de campañas