- Este evento pasou.
Presentación no Corufest de ‘Razóns de peso’
Maio 7 @ 19:30 - 21:30
De balde
7 de maio na Coruña, 19:30 na Biblioteca Ágora. Dentro do Corufest.
A partir das obras “Razóns de Peso”, libro coral sobre activismo gordo coordinado por Andrea Nunes e Leticia Citoula; “As esquinas”, de Miguel Calvo Marques (Premio Pinto e Maragota pola diversidade sexual e de xénero) e a “Guia de linguagem não binária,” de Daniel Amarelo, Nee Barros e Alva Lourenço, a sesión abrirá un diálogo sobre as formas de narrar o que incomoda, o que desborda e o que transforma.
Participan as coordinadoras, Andrea Nunes Brións e Leticia Citoula xunto coas autorías dos outros libros. O encontro chámase “ESCRITAS DESBORDADAS: Narrar o que incomoda”.
