fbpx

Arquivos

residuos cero

Amosando os resultados (2)

  • Arrecende a limpo

    17,00

    Lembras como cheira unha casa cunha limpeza creativa? Exacto: Arrecende a limpo. Seguindo a liña de Limpeza creativa, a obra na que Elisa Nicoli nos aconsellaba como facer os nosos produtos de limpeza ecolóxicos, chega agora Arrrecende a limpo.

    En Arrecende a limpo tes unha manchea de consellos e receitas para cada estancia e material do teu fogar, para limpar electrodomésticos e fornos, eliminar o mofo, afastar os insectos, perfumar armarios e moito mais. Receitas coas que aforrarás tempo, produtos e cartiños. 

    Mary Ann Simpson, activista e partidaria da hixiene doméstica e persoal ecolóxicas, recompilou até 200 receitas que podes ir probando e facendo túas para que no fogar todo arrecenda a natural.

    Podes ver unha mostra do libro en PDF, aquí.

  • Adeus, plástico!

    19,90

    Chaves para unha vida sen residuos.

    Sabías que, na historia de vida do plástico, só se reciclou menos do 10 % producido; que na natureza hai espalladas 6300 millóns de toneladas de plástico e que xa se atoparon microplásticos en alimentos como o azucre, o sal ou o mel? 

    Este libro explica o panorama actual con cifras e datos chave, e está ateigado de consellos prácticos para cambiar os nosos hábitos e reducir os refugallos que xeramos en todos os aspectos da nosa vida cotiá. Un vademécum indispensable para ler, reler, subliñar, ter á man para consulta e chegar sempre á mesma conclusión: reducir é o R máis importante de todos e o noso futuro e o do planeta pasan por deixar de usar plástico e materiais desbotables até chegarmos a un residuo case cero. 

    Podes ver unha mostra do libro, aquí.

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies