fbpx

Arquivos

crise

Amosando os resultados (2)

  • Mapa ecosocial de Galicia

    Mapa ecosocial de Galicia

    22,50

    O obxectivo desta obra é trazar un mapa ecosocial da nosa terra. Fai unha fotografía actual, para coñecer o contexto e determinar cales son os eidos nos que debemos avanzar para conseguir unha sociedade máis xusta, equitativa e respectuosa co medio.

    A obra permítenos retratar as dúas crises que debemos afrontar como sociedade: a crise ecolóxica (o cambio climático, a crise da biodiversidade, o esgotamento dos recursos enerxéticos, os incendios forestais etc.) e a crise social (de desigualdade, de coidados, de calidade de vida etc.). Cada capítulo vén ademais con infografías e cun cadro de boas prácticas que recolle proxectos e iniciativas que xa están a traballar nas posibles solucións.

    Podes ver unha mostra do libro en ISUU ou en PDF.

  • Crac!

    19,90

    Unha breve historia da economía. Da Grecia Antiga ao século XXI

    Como os cartos, a falta deles, a insanidade e a inmoralidade construíron o mundo máis próspero de todos os tempos.

    Coiro, plumas, peixe seco, sal groso, cachaça, tabaco: todos estes artigos xa foron usados como moeda corrente. Con todo, o que de verdade funcionou foi outra cousa: o diñeiro falso, esa creación da Grecia Antiga que hoxe levas na carteira.

    Crac! fai un paseo por 12 000 anos de civilización e traza paralelismos entre o pasado e o presente para explicar como funcionan as moedas, a inflación, as burbullas e o ir e vir infinito entre a euforia e a depresión da economía. Dunha economía cíclica que sempre se repite.

    Cun prólogo á edición galega de Xosé Carlos Arias, ensaista e profesor de Política Económica na Universidade de Vigo, con este libro, has entender como os tulipáns, Isaac Newton, Homer Simpson e as carabelas explican o mundo do diñeiro. E saber mellor que facer e non facer co teu.

    Podes ver unha mostra do libro en ISUU ou en PDF.

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies