consumo consciente
Mostrando o único resultado
Mostrando o único resultado
Témolo na comida, nos cosméticos, nos combustibles e no corpo. O aceite de palma, que encontramos na metade dos produtos dos supermercados, conformou o noso mundo. Max Haiven descúbrenos como as engrenaxes do capitalismo están lubricadas —literal e metaforicamente— por este elixir ubicuo.
Neste libro atopamos certo relato cronolóxico, mais non é unha historia. É o intento de seguir o trazado de algo que a simple vista non se ve. De responder a dúas preguntas: que significa ser humano nun mundo feito de aceite de palma?; que significa contarnos a nosa historia a nós, corpos feitos de aceite de palma, porque nós, sen excepción, o levamos sobre a pel ou metabolizamos a partir do que comemos?
Historia, soño, teoría, montaxe…: este libro incítanos a recoñecermos o pasado que hai no presente e a aproveitarmos o potencial para facer un mundo mellor.
Podes ver unha mostra do libro aquí.
Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario. Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR