Saltar ao contido

Condicións de compra en liña

Todas as adquisicións que se realicen a través do portal www.catroventos.gal (en diante, a Web), propiedade de MAOS INNOVACION SOCIAL SOC COOP GALEGA, están suxeitas a estas condicións xerais de Compra en liña.

As CGC compleméntanse co Aviso Legal e a Política de Privacidade, que deberán ser aceptadas integramente polas persoas usuarias do Sitio web con carácter previo á realización da compra e, unha vez aceptadas, entenderanse incluídas nas CGC para os efectos legais oportunos.
Ao comprar na Web, automaticamente acepta estas condicións. Por favor, léaas con atención.

A adquisición de calquera dos produtos implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha destas condicións xerais, sen prexuízo da aceptación das condicións particulares que puidesen ser de aplicación ao adquirir determinados produtos.

MAOS INNOVACION SOCIAL SOC COOP GALEGA poderá modificar estas condicións sempre que existan motivos válidos para iso, informando debidamente as persoas usuarias, e sen que esa modificación afecte os contratos que estean en vigor nese momento.

Os Produtos ofertados na Tenda En liña van dirixidos, única e exclusivamente, a persoas físicas, maiores de idade, e a persoas xurídicas, consideradas como “consumidoras” ou “usuarias” na lexislación vixente que sexa de aplicación.

A Web non esixe a previa subscrición para a simple navegación, acceso ou utilización do servizo en cuestión. Pola contra, para o acceso a determinados contidos e servizos, pode rexistrarse como Usuaria.

IDENTIFICACIÓN DA ENTIDADE VENDEDORA

  • Denominación social: MAOS INNOVACION SOCIAL SOC COOP GALEGA
  • Nomes comerciais: MAOS e CATRO VENTOS EDITORA
  • C.I.F.: F70407549
  • Domicilio social: AVDA RODRIGUEZ DE VIGURI 6 1, 15703 – SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)

REXISTRO DE PERSOA USUARIA

De conformidade co disposto anteriormente, MAOS INNOVACION SOCIAL SOC COOP GALEGA resérvase algúns dos Servizos ofrecidos a través da Web ás persoas usuarias rexistradas.

Para comprar na tenda en liña de MAOS INNOVACION SOCIAL SOC COOP GALEGA pode rexistrarse nela. Os seus datos serán gardados e así as súas futuras compras serán máis rápidas. Para darse de alta e comprar na tenda en liña debe ir ao apartado “Inscribirse” dentro da sección de “A TÚA CONTA”. Se xa está rexistrada para comprar na tenda en liña e esqueceu o seu contrasinal debe ir ao apartado “Iniciar sesión”, premer na opción “Esqueciches o teu contrasinal?” e inserir o seu enderezo de e-mail e “Restabelecer contrasinal”, e inmediatamente recibirá un correo electrónico para o restabelecemento do seu contrasinal.

A persoa usuaria comprométese a seleccionar, usar e conservar o seu nome de usuaria ou “login” e o seu contrasinal ou “password” (en diante e de modo conxunto as “Claves de Acceso”) de conformidade co estabelecido nas cláusulas seguintes.

Asignación das Claves de Acceso

A persoa usuaria terá a opción de elixir e indicar a súa propia password de acceso. A persoa usuaria non poderá elixir un Nome de Usuaria que non sexa un enderezo de e-mail válido, a través do cal se comunicará con MAOS INNOVACION SOCIAL SOC COOP GALEGA.

Uso e Custodia

A persoa usuaria comprométese a facer un uso lícito e dilixente da Clave de Acceso, así como a non pór ao dispor de terceiras partes a súa Clave de Acceso.

A persoa usuaria comprométese a comunicar fidedignamente a MAOS INNOVACION SOCIAL SOC COOP GALEGA o antes posíbel, a perda ou roubo das Claves de Acceso, así como calquera risco de acceso ás mesmas por unha terceira parte.

A Clave de Acceso soamente poderá ser utilizada polas persoas usuarias ás que se lles atribuíu. MAOS INNOVACION SOCIAL SOC COOP GALEGA fica exonerada de calquera tipo de responsabilidade que se poida devindicar polos danos e prexuízos causados ou sufridos polo uso fraudulento ou falta de dilixencia na garda e custodia da Clave de Acceso, perda ou uso contravindo dispor nestas Condicións.

Baixa de persoa usuaria

En calquera momento pódese solicitar a baixa como persoa usuaria rexistrada enviando un correo electrónico a maos@maos.gal explicitando os detalles da persoa usuaria para dar de baixa.

PRODUTOS

A información proporcionada por parte de MAOS INNOVACION SOCIAL SOC COOP GALEGA á persoa consumidora ou usuaria sobre os produtos ofertados, será conforme as características esenciais do ben obxecto de compra. MAOS INNOVACION SOCIAL SOC COOP GALEGA manterá actualizados os prezos dos produtos estando en contacto permanente coas empresas fornecedoras e fabricantes.

MAOS INNOVACION SOCIAL SOC COOP GALEGA manifesta que o produto ofrecido correspóndese coa descrición técnica e características esenciais do mesmo. No entanto, ponse de manifesto que, no relativo ás fotografías, estas teñen un mero carácter orientador, podendo existir variacións no que ao seu aspecto físico respecta, mais sen menoscabar a integridade e prestacións do produto solicitado.

MAOS INNOVACION SOCIAL SOC COOP GALEGA exonérase das opinións ou comentarios realizados e difundidos polas persoas consumidoras e usuarias a través da web, nin responderá do uso que a persoa usuaria faga desa información.

VALIDACIÓN DE COMPRA

A validación do pedido por parte da clientela supón expresamente o coñecemento e aceptación destas condicións xerais como parte da celebración do contrato.

A recepción dos pedidos e a compra en liña pode realizarse en calquera momento, as 24h. do día os 365 días do ano.

A empresa infórmalle que os seus produtos se comercializarán en:

Territorio peninsular, Illas Balears, Illas Canarias, Ceuta e Melilla, con respecto á lexislación española que lle sexa aplicábel, así como os réximes de facturación e impositivos especiais aplicábeis aos territorios insulares e cidades autónomas.

Para facer a compra, debe seleccionar o produto desexado. Unha vez seleccionado poderá acceder ao seu carriño, onde deberá premer “Finalizar compra” e, no seu caso, pasará ao formulario de Envío e Pagamento.

Neste apartado, deberá especificar se quere que o pedido se envíe ao seu enderezo de rexistro ou a outra diferente, e logo facer o pagamento segundo a modalidade elixido, premendo “Facer o pedido”. Unha vez concluído o pagamento, visualizará a confirmación de rexistro do pedido e inmediatamente recibirá a confirmación no seu correo electrónico.

LISTA DE PREZOS

Os prezos dos produtos mostrados na nosa web indícanse en euros e inclúen os impostos aplicábeis e a súa correspondente desagregación, a non ser que se indique o contrario.

  • 21% para transaccións de bens e servizos non gravadas polos outros dous tipos de IVE.

Con base na súa política comercial, MAOS INNOVACION SOCIAL SOC COOP GALEGA poderá realizar variacións finais do prezo xa sexa por fidelización, por adquisición de produtos de certa entidade ou relevancia, así como outros que poida estipular MAOS INNOVACION SOCIAL SOC COOP GALEGA no seu debido momento. No entanto, será MAOS INNOVACION SOCIAL SOC COOP GALEGA quen libre e voluntariamente ofreza estes descontos e/ou rebaixas, a quen estime oportuno, non podendo ser esixidos nin solicitados en ningún momento pola clientela.

Os prezos poden incluír gastos de envío, consultar apartado ENVIOS. Todas as vendas se fan coa súa correspondente factura, a cal deberá ser facilitada pola entidade vendedora á persoa consumidora ou usuaria, podendo acceder a ela en todo momento. A factura será emitida, cos datos que se facilitasen para iso, unha vez estea confirmado o pagamento do pedido e recibido e xestionado o mesmo.

Poderá obter a factura das seguintes formas:

a) Descargar na súa área privado.

b) Envío ao seu enderezo de correo electrónico.

c) Envío xunto co pedido.

Os prezos expostos poderán ser revisados e modificados en calquera momento por MAOS INNOVACION SOCIAL SOC COOP GALEGA, non afectando en ningún caso a produtos xa comprados pola persoa usuaria.

Unha vez comprobado o pago iniciarase por parte de MAOS INNOVACION SOCIAL SOC COOP GALEGA, a tramitación do pedido.

FORMAS DE PAGAMENTO

A empresa pon ao seu dispor as seguintes formas de pagamento:

TRANSFERENCIA

Ao finalizar a solicitude de pedido, recibirase un correo electrónico co importe total do pedido e o número de conta para facer a transferencia.

Na transferencia deberá indicar o número de pedido que se especifica no correo electrónico de solicitude de pedido neste número de conta que se indicará após finalizar o pedido.

É importante que realice a transferencia durante os 3 días posteriores a facer o pedido, para evitar que a súa orde de pedido caduce.

Non se considerará efectivo o pedido até que MAOS INNOVACION SOCIAL SOC COOP GALEGA poida constatar de forma efectiva que se efectuou o ingreso, se desexa axilizar os trámites pode remitirnos por correo electrónico a encomendas@catroventos.gal o recibo da transferencia.

Lembre que todas as eventuais comisións de cambio e bancarias corren pola súa conta ao optar por este sistema de pagamento.

CARTÓN DE CRÉDITO OU DEBITO

Co obxectivo de proporcionar maior seguridade ás persoas propietarias dos cartóns de crédito, incluíron un número de tres díxitos nos seus cartóns denominado CSC que serve como código de identificación para verificar a presenza física do cartón durante as transaccións a través de Internet. Este número de tres díxitos aparece impreso no reverso do seu cartón (na zona de sinatura), inmediatamente despois do número de cartón. Co propósito de previr transaccións fraudulentas con cartóns de crédito, MAOS INNOVACION SOCIAL SOC COOP GALEGA resérvase o dereito de solicitar á súa clientela eses díxitos de control antes de realizar o envío do pedido.

A fraude con cartón de crédito é un delito, e MAOS INNOVACION SOCIAL SOC COOP GALEGA estabelecerá acción xudicial contra toda aquela persoa ou entidade que faga unha transacción fraudulenta na nosa tenda en liña.

MAOS INNOVACION SOCIAL SOC COOP GALEGA fai un seguimento de cada transacción e utilizará todos os medios dispoñíbeis pola Lei para que aquelas persoas que realicen compras fraudulentas sexan sancionadas polas autoridades.

O pagamento faise a través da pasarela de pagamentos segura proporcionada por SumUp. O proceso de pagamento é totalmente cifrado. Os seus datos bancarios transmítense directamente á plataforma de pagamento sen que nós teñamos acceso a eles nin fiquen almacenados nos nosos servidores.

ENVÍOS

MAOS INNOVACION SOCIAL SOC COOP GALEGA non enviará ningún produto até que se comprobase que se realizou o pagamento.

A entrega considerarase realizada no momento en que a persoa transportista puxese os produtos ao dispor da clientela e esta asinase o documento de recepción de entrega. A clientela deberá comprobar as características e condicións do ben e manifestar unha falta de conformidade a MAOS INNOVACION SOCIAL SOC COOP GALEGA en caso de erro, defecto ou deterioración.

MAOS INNOVACION SOCIAL SOC COOP GALEGA enviará os produtos polo medio que estime oportuno para cumprir cos seus compromisos.

Se por motivos de enderezo incompleto, incorrecto ou ausente en varios intentos de entrega, xerásese retorno de mercancía, ou esta tivese que ser enviada de novo a outro enderezo, a “recanalización” deberá ser abonada pola clientela.

  1. GASTOS DE ENVÍO

Aplicarase un cargo por gastos de envío cun custo de 6 euros en envíos inferiores a 30 euros.

Os gastos de enviou serán GRATUÍTOS para recollida na nosa tenda ou para envíos superiores a 30 euros.

  1. PRAZO DE ENTREGA

Todos os pedidos confirmados na nosa tenda en liña envíanse nun prazo aproximado de 15 días laborábeis por un dos nosos servizos de mensaxaría. Co fin de optimizar a entrega, debe indicar un enderezo onde o pedido poida ser entregado dentro do horario laboral habitual.

  1. ROTURA DE STOCK

Na Web só pomos á venda produtos en stock, que nos permiten servir o produto no tempo descrito como prazo de entrega. MAOS INNOVACION SOCIAL SOC COOP GALEGA fará uso, sempre que for posíbel, de todos os medios necesarios para manter a sincronización da web cos almacéns e ofertar os produtos que teñan dispoñíbeis en cada momento.

Cando non sexa posíbel servir un produto por falta de stock, MAOS INNOVACION SOCIAL SOC COOP GALEGA porase en contacto coa clientela para comunicarllo, anular o pedido e devolverlle o seu diñeiro inmediatamente polo mesmo medio en que se realizou o pagamento. Nestes casos, sempre se devolverá o importe á clientela e anularase o pedido. NON SERÁ POSÍBEL MANTER O PREZO DO PRODUTO ESGOTADO PARA SERVILO CANDO SE REPOÑA O STOCK, xa que o prezo do produto muda en cada reposición en función do noso prezo de compra.

GARANTÍAS

Garantía legal

No caso de contrato de compravenda de bens nun acto único ou nunha serie de actos individuais, a empresa será responsábel das faltas de conformidade que existan no momento da entrega ou da subministración e maniféstense nun prazo de tres anos desde a entrega no caso de bens. Oponse excepción á responsabilidade da empresa vendedora nos casos nos que a persoa consumidora e usuaria coñecese esas faltas no momento de celebración do contrato.

Se o ben non fose conforme co contrato, para polo en conformidade, a persoa consumidora ou usuaria terá dereito a elixir entre a corrección da falta de conformidade a través da reparación ou a substitución do ben, salvo que unha destas medidas resulte obxectivamente imposíbel ou desproporcionada.

Entenderase que a posta en conformidade é desproporcionada cando impoña á empresa vendedora custos que non sexan razoábeis, tendo en conta todas as circunstancias aplicábeis ao caso, e en particular, o valor do ben sen a falta de conformidade, a relevancia desta e se a forma de corrección alternativa se puidese facer sen maiores inconvenientes para a persoa consumidora.

Cando non poida optarse pola corrección da falta de conformidade, a persoa consumidora ou usuaria terá dereito a unha rebaixa no prezo de venda ou á resolución do contrato, mais esta última opción non será aplicábel cando a falta de conformidade sexa de escasa importancia, excepto nos supostos en que a persoa consumidora ou usuaria facilitase datos privados como contraprestación, correspondendo a carga da proba á empresa para a resolución dese contrato.

O exercicio destes dereitos por parte da persoa consumidora non suporá gastos adicionais para este, sendo imprescíndibel para o seu exercicio a presentación do billete de compra, factura ou albará.

DEREITO DE DESISTENCIA E DEVOLUCIÓNS

A persoa usuaria, segundo o artigo 102 do Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias, terá dereito a desistir da compra realizada nun prazo de 14 días naturais desde a entrega do produto.

Forma de exercer o dereito de desistencia:

Para exercer o dereito de desistencia respecto dos produtos comprados exclusivamente na Web, deberá manifestar a súa decisión inequívoca de desistir do contrato, no/s prazo/s anteriormente indicado/s, dalgunha dos seguintes xeitos:

  • Se elixe a opción de devolver o produto en calquera dos estabelecementos de MAOS INNOVACION SOCIAL SOC COOP GALEGA, deberá contactar previamente co noso Servizo de Atención á Clientela, no teléfono 694474166, quen lle remitirá unha autorización de devolución que terá que presentar na correspondente tenda.
  • Se elixe a opción de devolver o produto a través da tenda en liña da Web, deberá pórse en contacto co noso Servizo de Atención á Clientela no teléfono 694 474 166, ou a través da conta de email encomendas@catroventos.gal para manifestar de forma inequívoca a súa decisión de desistir do contrato.
  • Sen prexuízo do disposto nos parágrafos anteriores, tamén poderá optar por exercer o seu dereito de desistencia cumprimentando e enviando electronicamente á conta de email maos@maos.gal o formulario de desistencia que pode descargarse premendo aquí, nese caso, comunicarémoslle sen demora por correo electrónico a recepción do devandito desistencia.

O dereito de desistencia entenderase exercido dentro de prazo legalmente estabelecido cando nos enviase a comunicación relativa ao exercicio deste dereito antes de que finalice ese prazo, nos termos indicados anteriormente.

Consecuencias da desistencia:

No caso de que exercite o dereito de desistencia, devolverémoslle todos os pagamentos que recibísemos da súa parte, excluídos os gastos de entrega sen ningunha demora indebida e, en todo caso, como moi tarde no prazo anteriormente indicado (14 días naturais) a partir da data na que nos informe da súa decisión de desistir do contrato. Procederemos a efectuar ese reembolso a través do mesmo medio de pagamento en que se abonou a compra sen que incorra en ningún gasto como consecuencia do reembolso, fóra dos gastos de devolución do produto.

Os produtos obxecto de devolución deberán estar en perfectas condicións. A persoa consumidora ou usuaria será responsábel da diminución de valor dos bens resultante dunha manipulación dos mesmos distinta á necesaria para estabelecer a súa natureza, as súas características ou o seu funcionamento.

Excepcións ao dereito de desistencia

Agás aqueles produtos que estean defectuosos ou incorrectamente fornecidos, segundo o estabelecido o artigo 103 da Lei 3/2014, do 27 de marzo pola que se modifica o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos consumidores e Usuarios o dereito de desistencia non será aplicábel aos contratos que se refiran a:

a) A subministración de bens confeccionados conforme as especificacións da persoa consumidora e usuaria ou claramente personalizados.

b) A subministración de bens precintados que non sexan aptos para ser devoltos por razóns de protección da saúde ou de hixiene e que fosen desprecintados tras a entrega.

ATENCION AO CLIENTE

Para comunicarse connosco, no noso departamento de atención ao cliente, pomos ao seu dispor diferentes medios de contacto que detallamos a seguir:

  • Teléfono: 694 474 166. Horario de atención telefónica días laborábeis de 08.00 a 14.00 horas.
  • E-mail: encomendas@catroventos.gal
  • Dirección postal: AVDA RODRIGUEZ DE VIGURI 6, 1º, 15703 – SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
  • Web: http://www.catroventos.gal

Todas as comunicacións e notificacións entre as persas usuarias e MAOS INNOVACION SOCIAL SOC COOP GALEGA consideraranse eficaces para todos os efectos, cando se realicen a través de calquera medio dos detallados anteriormente.

Existen follas de reclamacións ao dispor da clientela, que poderán solicitar a través dos medios anteriormente mencionados.

XURISDICIÓN E COMPETENCIA

No caso de que interveña unha persoa consumidora e usuaria, as partes sométense, para a resolución de conflitos derivados destas condicións xerais de venda, aos Xulgados e Tribunais da orde civil correspondentes ao domicilio do consumidor, en virtude da súa normativa específica.