Como facer unhas pantuflas de fieltro
Seguindo a liña divulgativa marcada en Limpeza creativa para o aproveitamento e o autoconsumo, achegamos unha guía para que poidas facer as túas propias pantuflas, para tí, para regalar ou para os teus invitados.
Esta guía está baseada na explicación en castelán proposta no blog Un paréntesis entre dedales, presentada aquí en galego, de onde collemos as imaxes expostas por claras e explicativas. Moitas grazas a Sara por compartir.
Materiais
- 2 láminas de feltro de 5mm de grosor coas medidas desexadas
- Cordóns de zapatillas de color
- Tesoiras
- Patrón
- Lapis
Facer unhas pantuflas paso a paso
- Patrón: Fai o patrón coas medidas desexadas e personalizadas. Podes partir da soleta do teu pé.
- Feltro: unha vez feito o patrón, márcao no feltro, primeiro nun pé, e logo no outro de xeito inverso. Agora toca recortar.
- Perforacións: facemos as perforacións desde os puntos A ao B para poder pasar o cordón cando montemos.
- Montaxe: facemos a montaxe. E listo! Xa tes unhas pantuflas ben xeitosas!