Tecer un freganzo tawashi
Primeiro tece unha malla de punto baixo facendo un aumento dun punto no comezo da ringleira e unha diminución no remate e, posteriormente, cose os cantos para formar un cilindro que vas fruncir, coa idea de pechalo e formar dúas espirais.
Explicámoscho paso a paso:
- Deixa uns 20 cm de fío inicial e fai 21 cadenetas.
- No último punto da cadeneta, fai un aumento e despois 17 puntos baixos e unha diminución ao final.
- Sube de fila, fai 17 puntos baixos e un aumento ao final. O bordado ten que ir aumentando nun canto e diminuíndo no outro para ir obtendo unha especie de paralelogramo.
- De novo, fai unha fila de 17 puntos baixos e unha diminución ao rematar.
- Repite os pasos 3 e 4 até levar un total de 22 voltas. Despois, corta o fío deixando un anaco de 10 cm.
- Dobra dous cantos contrarios creando un rombo e cóseos ata formar un cilindro aberto por arriba e por abaixo.
- Nun dos extremos abertos, vai pasando o fío que deixaches ao final polas cadenetas e, ao rematar toda a volta, tira del. A peza engurrarase e formarase a espiral do estropallo por un lado.
- Co fío de partida, fai o mesmo no lado contrario do cilindro: vai zurcindo e aperta ao rematar a volta para formar a espiral. Une os dous fíos e agóchaos dentro.
Divírtete creando tawashi lisos de todas as cores ou alternando combinacións diferentes. Son útiles, alegran a casa e poden ser un perfecto agasallo ecolóxico.