Ecoloxía
Amosando 28–31 de 31 resultadosOrdenado polos últimos
-
SALDO
O libro dos océanos
10,75€Verteduras de petróleo, sobrepesca, illas de refugallos plásticos… Hai tempo que os nosos mares deixaron de ser fonte de saúde, alimento e benestar. Nas últimas décadas, a contaminación e o espolio dos océanos aumentaron de forma notable. Mais cal é o auténtico estado do meirande ecosistema da Terra? Malia levarmos vivindo dende sempre do mar e co mar, hoxe en día segue a ser un dos territorios máis descoñecidos do planeta. Esta falta de coñecemento podería converterse na ruína do océano e, en consecuencia, na ruína do ser humano.
Cun deseño atractivo e informativo, e textos ben documentados, co apoio científico da German Ocean Foundation, Esther Gonstalla crea neste libro un retrato detallado que nos permite comprender mellor as relacións que existen entre a actividade humana e os cambios que sofre o mar, un retrato que, alén de convidar á reflexión, se converte nun recurso para a acción.
Libro en tapa dura, tamaño A4.
Podes ver unha mostra do libro en PDF.
-
DESCATALOGADO
Xuízo aos humanos
16,00€Os animais do planeta Terra reúnense na selva para celebrar un xuízo extraordinario. Acusan o ser humano de crimes atroces: calumnias, maos tratos e xenocidio.
É realmente o Homo sapiens unha ameaza para a vida terrestre, unha especie arrogante, cruel e asasina? Ou pode aínda redimirse perante o resto dos animais? Chegou a hora de se enfrontar á Lei da xungla.
Podes ver unha pequena mostra en PDF
-
Biodiversidade
18,50€Cara a unha sexta extinción masiva.
Nunha indiferenza case xeral, o noso planeta entra nunha fase de extinción masiva provocada polo ser humano, a sexta desde que a vida se diversificou na Terra hai 500 millóns de anos. Cales son os mecanismos e as causas principais e como evitar ou limitar esta sexta extinción?Podes ver unha pequena mostra do libro en PDF