Dereitos humanos
Amosando os resultados (2)
-
DESCATALOGADO
As mulleres e os homes
14,00€Cando valoramos traducir As mulleres e os homes, escrito hai corenta anos, pensabamos que se cadra estaría desfasado porque disque neste tema a sociedade foi avanzando. En efecto, desde 1978 até 2018 producíronse moitos cambios, e, por sorte, case sempre para mellor. (Os lectores de máis idade han poder comprobar agora eses cambios ao leren este libro.)
Así e todo, as mulleres non só non desfrutan de moitos privilexios que semellan reservados para os homes, senón que seguen a sofrer en todo o mundo grandes discriminacións.
Aquí podes ver unha mostra do libro en ISUU ou descargala en PDF.
-
DESCATALOGADO
Así é a ditadura
14,00€Este libro fai parte dunha colección de catro títulos pensada para os lectores máis novos que publicou entre os anos 1977 e 1978 a editorial barcelonesa La Gaya Ciencia.
O ditador Franco morrera só un par de anos antes e o país estaba a vivir unha etapa —a Transición— que achegaría os primeiros cambios democráticos. Xa pasaron case corenta anos desde aquela e pensamos que o espírito e a maior parte da letra deste libro está completamente vixente, polo que decidimos volver editalo con novas ilustracións.
Aquí podes ver unha mostra do libro en PDF.