Dereitos humanos
- Non se puido engadir "Así é a ditadura" á cesta porque o produto está esgotado.
Amosando 1–9 de 23 resultados
-
NOVIDADE
Na sala dos espellos
22,00€A banda deseñada máis recente de Liv Strömquist reflexiona sobre a nosa obsesión pola autooptimización, a imaxe e o aspecto físico (e, sobre todo, polo das mulleres), así como a súa relación coas novas tecnoloxías.
Dende a emperatriz austríaca Sissi até as Kardashian, Liv detense a observar como os espellos, esas ferramentas puídas, domean o mundo actual a base de dopamina e likes, xa que… acaso o smartphone non é unha nova versión do espello da madrasta?
-
A lingua en futuro
19,00€A mocidade imaxina o 2050
Como estará a nosa lingua así que pasen 10 000 días?
Que nos depara o 2050? Falaremos o galego que falamos agora? E que ten que pasar para que sigamos a falalo?
Nesta obra colectiva, dezasete persoas novas de eidos diversos (ciencia, música, tradución, xornalismo, docencia…) falan de como ven a lingua na actualidade, imaxinan o seu futuro e comparten os desexos que teñen para ela. Responden así ás preguntas formuladas polo sociolingüista Fernando Ramallo «Como cres que estaremos a mediados de século?» e «Como desexas que esteamos a mediados de século?».
A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050 constitúe a réplica da xente nova ao volume A lingua en 2050 que Catro Ventos publicou en 2021.
Podes ver unha mostra do libro aquí.
-
Infocracia
15,00€A dixitalización e a crise da democracia
A dixitalización avanza sen pausa e irrompe na esfera política, onde provoca grandes distorsións no proceso democrático. As campañas electorais preséntanse como guerras de información nas que todo medio técnico e psicolóxico é válido.
Propaganda, fake news, campañas difamatorias e teorías da conspiración dominan o debate político. Con psicopolítica e psicometría dixital búscase influír nas decisións de voto e evitar as decisións conscientes.Por primeira vez editado en galego, Byung-Chul Han describe neste último ensaio a actual crise da democracia e atribúea ao cambio estrutural da esfera pública na dixitalización. Esa crise ten un nome: infocracia.
Podes ver unha mostra do libro, aquí.
-
Desamarmos o capitalismo
18,00€O amor como acción política
Que significa amar? Até que punto o acto de amar está influenciado socialmente? Por que lle interesa ao capitalismo que entendamos o amor como algo restrinxido á esfera privada? Que ten que ver o amor coas nosas escollas conscientes cando mercamos unha prenda de abrigo, un quilo de laranxas…?
De todo isto fala Desamarmos o capitalismo. A partir dunha análise dos conceptos do amor como algo privado, romantizado e consumible, Lann Hornscheidt analiza as diferentes dimensións que ten o amor na nosa sociedade e como, mediante a súa repolitización e diversificación, podemos crear vínculos complexos coa vida doutras persoas.
Neste libro que desafía o binarismo de xénero e a redución do xénero á sexualidade, Lann combina ensaio, creación literaria e exercicios de reflexión para que vexamos que o amor é unha das accións máis políticas que poden existir.
Tradución e prólogo de María Reimóndez.
Podes ver unha mostra do libro en PDF, aquí.