fbpx

Consumo responsable

Consumo responsable

Amosando 19–22 de 22 resultados

  • O libro dos océanos
    1ª REIMPRESIÓN

    O libro dos océanos

    21,50

    Verteduras de petróleo, sobrepesca, illas de refugallos plásticos… Hai tempo que os nosos mares deixaron de ser fonte de saúde, alimento e benestar. Nas últimas décadas, a contaminación e o espolio dos océanos aumentaron de forma notable. Mais cal é o auténtico estado do meirande ecosistema da Terra? Malia levarmos vivindo dende sempre do mar e co mar, hoxe en día segue a ser un dos territorios máis descoñecidos do planeta. Esta falta de coñecemento podería converterse na ruína do océano e, en consecuencia, na ruína do ser humano.

    Cun deseño atractivo e informativo, e textos ben documentados, co apoio científico da German Ocean Foundation, Esther Gonstalla crea neste libro un retrato detallado que nos permite comprender mellor as relacións que existen entre a actividade humana e os cambios que sofre o mar, un retrato que, alén de convidar á reflexión, se converte nun recurso para a acción.

    Libro en tapa dura, tamaño A4.

    Podes ver unha mostra do libro en PDF.

  • Xuízo aos humanos

    16,00

    Os animais do planeta Terra reúnense na selva para celebrar un xuízo extraordinario. Acusan o ser humano de crimes atroces: calumnias, maos tratos e xenocidio.

    É realmente o Homo sapiens unha ameaza para a vida terrestre, unha especie arrogante, cruel e asasina? Ou pode aínda redimirse perante o resto dos animais? Chegou a hora de se enfrontar á Lei da xungla.

    Podes ver unha pequena mostra en PDF

  • Biodiversidade

    18,50

    Cara a unha sexta extinción masiva.
    Nunha indiferenza case xeral, o noso planeta entra nunha fase de extinción masiva provocada polo ser humano, a sexta desde que a vida se diversificou na Terra hai 500 millóns de anos. Cales son os mecanismos e as causas principais e como evitar ou limitar esta sexta extinción?

    Podes ver unha pequena mostra do libro en PDF

  • 2ª REIMPRESIÓN

    Limpeza creativa

    14,00

    Un manual práctico de ecoloxía doméstica para aprender a elaborar produtos de limpeza e cosméticos con ingredientes naturais, fáciles de preparar e que respectan a saúde e o ambiente. Vinte e cinco receitas e miles de consellos para dicirmos adeus á industria da cosmética e dos produtos de limpeza.

    Esta guía práctica adaptada á realidade galega xa vai pola súa 3.º edición, que inclúe unha listaxe de produtores e artesáns actualizada, para que saibas onde mercar produtos respectuosos coa contorna… ou os ingredientes que precisas para facelos ti na casa!

    Podes ver unha pequena mostra do libro en PDF

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies