Consumo responsable
Amosando os resultados (5)
-
NOVIDADE
As bicicletas si son para Galicia
19,90€As bicicletas si son para Galicia aborda o uso da bicicleta dende un punto de vista poliédrico: ecolóxico e ecoloxista, de mobilidade sustentable e feminista. Emporiso, hai moito máis: entrevistas a colectivos e persoas ciclousuarias que usan a bicicleta en diversos contextos de Galicia, consellos prácticos e apuntes terminolóxicos con soporte ilustrado.
Inclúe colaboracións da socióloga Iria Vázquez, o experto en mobilidade Daniel Díaz e o xornalista Carlos Risco que, respectivamente, nos falan sobre bici e xénero, a bicicleta no rural e a bicicleta na Galicia urbana.
Podes ver unha mostra do libro en PDF, aquí.
-
1ª REIMPRESIÓN
Podas e enxertos
19,90€Como podo a maceira? Que é mellor para enxertar unha pereira: xema ou puga? E podo facelo sobre un pexegueiro? Cando debo podar o castiñeiro?
Fuxindo de tecnicismos e centrándose na realidade galega, Podas e enxertos. Unha guía práctica presenta de forma didáctica e moi visual, con ilustracións e fotos, como realizar podas e enxertos en froiteiras, árbores de aproveitamento forestal e plantas ornamentais, alén doutras técnicas (incisións, anelados e arqueamentos) e da explicación das ferramentas necesarias.
Podes ver unha mostra do libro en PDF, aquí.
-
Arrecende a limpo
17,00€Lembras como cheira unha casa cunha limpeza creativa? Exacto: Arrecende a limpo. Seguindo a liña de Limpeza creativa, a obra na que Elisa Nicoli nos aconsellaba como facer os nosos produtos de limpeza ecolóxicos, chega agora Arrrecende a limpo.
En Arrecende a limpo tes unha manchea de consellos e receitas para cada estancia e material do teu fogar, para limpar electrodomésticos e fornos, eliminar o mofo, afastar os insectos, perfumar armarios e moito mais. Receitas coas que aforrarás tempo, produtos e cartiños.
Mary Ann Simpson, activista e partidaria da hixiene doméstica e persoal ecolóxicas, recompilou até 200 receitas que podes ir probando e facendo túas para que no fogar todo arrecenda a natural.
Podes ver unha mostra do libro en PDF, aquí.