Libros que respiran liberdade, coidado e lingua. Libros sen présa. Libros que duran.

Quen somos?
A Catro Ventos Editora é o selo editorial de Maos Innovación Social, cooperativa constituída por Xiana, Zaira, Óscar e Nee, catro ventos que sopran diferentes. Desa diversidade nace unha editora onde todas as voces contan e as decisións son compartidas.

Que publicamos?
Interésanos tanto o ensaio como a creación literaria e aceptamos orixinais en calquera das normativas. Editamos aquilo que move, cuestiona e abre preguntas. As disidencias, identidades LGBTIQA+, voces novas e aquelas que non encontran espazos.

Como o facemos?
Coidamos os procesos e as persoas. Cada libro pasa por olladas diferentes, con respecto polas autorías. Aspiramos a facer edicións pausadas e comprometidas coa sustentabilididade: tentamos que teñan o menor impacto ecolóxico e que a produción se faga en Galiza.
A editora naceu en 2016 co desexo de publicar en galego traducións e obras de creación propia. En 2026, despois de fechar a súa actividade e liquidar o catálogo, o selo editorial pasa a integrarse en Maos.
Subscríbete no noso boletín!
