Descubre mais lecturas
DESTACADO
A dixitalización e a crise da democracia
A quen lle gusta discutir e reabrir debates caducos nas redes sociais? Por que din tantas barrabasadas nelas e a quen lle convén? O filósofo alemán mais lido do mundo reflexiona en Infocracia. A dixitalización e a crise da democracia sobre o discurso dixital e como afecta á calidade de todas as democracias.
Por primeira vez editado en galego, Byung-Chul Han describe neste último ensaio a actual crise da democracia e atribúea ao cambio estrutural da esfera pública na dixitalización. Esa crise ten un nome: infocracia.
Lecturas críticas
Obras conscientes para mudar as cousas
Máis de 30 títulos publicados
DESTACADO
A vulva contra o patriarcado
En febreiro de 2021 publicamos a nosa primeira banda deseñada: A froita do coñecemento, un traballo proposto por David A. Álvarez, que traduciu dende o sueco este libro que fala da cona. E lo, non se fala abondo dela? Pois si, pero sen saber. O patriarcado sempre tivo moito que dicir sobre a cona pero… ás mulleres pouco lles preguntaron ao respecto. Atrévete con esta banda deseñada que non só ilustra, tamén fai escachar coa risa e mesmo anoxarse un pouco con algún que outro personaxe.