«Viraventos» é o nome do noso novo programa de fidelización.
Queremos sumar a túa enerxía para darlle pulo ao proxecto e aumentar o número de publicacións no futuro. Trátase dun programa anual que poderás renovar cada mes de xaneiro.

Que modalidades existen?

Poderás escoller entre dúas modalidades:
  • «Viraventos 30»: achegando 30 euros en concepto de adianto ofrecémosche ademais un desconto do 15 % en todas as nosas obras.
  • «Viraventos 50»: achegando 50 euros en concepto de adianto ofrecémosche ademais un desconto do 20 % en todas as nosas obras.

Nota: en ambas as dúas modalidades, o desconto só será do 5 % no caso do documental «Mañá» (DVD ou Blu-Ray) porque non é un produto editado por Catro Ventos.

Como funciona?

Poderás adiantar 30 ou 50 euros e, en troco, terás acceso a un desconto nas nosas obras (do 15 ou do 20 %, respectivamente, dependendo da modalidade escollida).
Trátase dun adianto, polo que iremos descontando eses cartos das túas primeiras compras. O desconto aplicarase a todas as túas compras directas a Catro Ventos Editora. Para facer os teus pedidos só terás que escribir a pedidos@catroventos.gal e indicar que obras che interesan.
Poderás facer o pagamento por transferencia bancaria ou Paypal. Os envíos son gratuítos; non é necesario facer un pedido mínimo. Os descontos aplícanse sempre sobre o PVP.

Importante: tes até o 31 de decembro do ano da subscrición para utilizar os cartos adiantados. Se non os utilizas, non se acumularán para o ano seguinte nin che serán devoltos.

Que produtos podo mercar?

Podes mercar todos os produtos do noso catálogo (suxeito a dispoñibilidade de stock). Ti decides como gastar os cartos que adiantes: podes mercar varios exemplares dun mesmo libro ou varios títulos diferentes, mesturar obras doutros anos con novidades deste ano ou só mercar as novas publicacións (poderás reservalas para que chas enviemos en canto saian do prelo). O único que vai variar en función da modalidade que elixas (consulta a pregunta «Que modalidades existen») é a porcentaxe de desconto nos teus pedidos.

Como podo renovar a subscrición ao programa?

A renovación no programa de fidelización non é automática. A finais de ano, recibirás un correo electrónico no que che pediremos que renoves. Con sorte, non has dubidar en facelo e devecerás por ler as nosas novas obras.

Apúntome a viraventos

*Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de cookies pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies