• img-book
    Transición Ecolóxica

    Aurore Lalucq, Philippe Frémeaux, Wojtek Kalinowski,

ISBN: 978-84-945917-0-9

Transición ecolóxica

de: Aurore Lalucq, Philippe Frémeaux, Wojtek Kalinowski,

O cambio climático e o esgotamento dos recursos provocarán crises cada vez máis dramáticas se non reaccionamos con moita rapidez. A boa nova é que existen solucións e que non teñen por que ser punitivas: ao contrario, poden permitirnos vivir mellor.

Bótalle un ollo en ISUU aquí ou descarga o PDF.

18,50

Unidades dispoñibles

Cantidade:

Transición ecolóxica, manual de uso

Apostar pola transición ecolóxica non significa propor un simple reverdecemento do sistema actual. Significa adoptar un novo modelo económico e social, que rompa coa ditadura do PIB.

O cambio climático e o esgotamento dos recursos provocarán crises cada vez máis dramáticas se non reaccionamos con moita rapidez. A boa nova é que existen solucións e que non teñen por que ser punitivas: ao contrario, poden permitirnos vivir mellor.

Un modelo que renove as nosas formas de consumir, producir, traballar e convivir. Un modelo que favoreza o pracer, as relacións, o tempo libre. Un modelo que permita e fomente a participación da cidadanía.

Bótalle un ollo en ISUU aquí ou descarga o PDF.

ISBN: 978-84-945917-0-9
Editora: Catro Ventos Editora
Data de publicación: 2016
Número de páxinas: 244

Autoría:Aurore Lalucq
Aurore Lalucq é economista e codirectora do Institut Veblen, un think tank (laboratorio de ideas) pluridisciplinar con sede en París que se centra na transición social e ecolóxica. Foi responsable de programa no Institut de recheche et débat sur la gouvernance (IRG). Na actualidade dirixe a colección «Politiques de la transition» (Institut Veblen/Les Petits matins).
Philippe Frémeaux é editor de Alternatives Économiques, colaborador das canles radiofónicas France Info e France Culture, e presidente do Institut Veblen, un think tank (laboratorio de ideas) pluridisciplinar con sede en París que se centra na transición social e ecolóxica.
Wojtek Kalinowski é sociólogo e codirector do Institut Veblen, un think tank (laboratorio de ideas) pluridisciplinar con sede en París que se centra na transición social e ecolóxica. Foi redactor xefe da revista La vie des idées e xornalista de Alternatives Économiques.

Additional information

Weight 0.3 kg
Dimensions 15 x 21 x 1.5 cm

“Transición ecolóxica”

Non hai opinións aínda.