• img-book
    Mañá DVD

    Ciryl Dion, Mélanie Laurent,

ISBN: 8437010738333

Demain (Mañá) – Blu-ray

de: Ciryl Dion, Mélanie Laurent,

Que pasaría mañá se mostrar solucións ou contar historias que fan o ben fose a mellor maneira de resolver os problemas ecolóxicos, económicos e sociais que ten o noso planeta?

14,95

Unidades dispoñibles

Cantidade:

Demain - Mañana - Mañá (BLU-RAY)

Que pasaría se o mundo do MAÑÁ, baseárase en solucións ou contar historias que fan o ben? E se esa fose a mellor maneira de resolver os problemas ecolóxicos, económicos e sociais que ten o noso planeta?

Tras a publicación dun estudo que anunciaba a posible desaparición de parte da humanidade de aquí a 2100, Cyril Dion e Mélanie Laurent propuxéronse, xunto a un equipo de catro persoas, iniciar a súa propia investigación en dez países. Querían achar que podería estar a provocar tal catástrofe e, sobre todo, como se podería evitar.

Durante a súa viaxe coñeceron pioneiros que estaban a reinventar a agricultura, a enerxía, a economía, a democracia e a educación. Xente que estaba a por en práctica estas iniciativas, concretas, positivas. A través de iniciativas que xa están en marcha nalgúns lugares demostrando que funcionan, os directores comezaron a se decatar de como podería ser o mañá…

Colaboramos con Karma Films neste proxecto para que agora poidas ver este afamado documental con subtítulos en galego. Tamén está dispoñible en castelán (subtítulos e dobraxe) e catalán (subtítulos).

Dispoñible tamén en Blu-ray.

ISBN: 8437010738333
Editora: Karma Films
Data de publicación: 2016
Número de páxinas: n/a

Autoría:Ciryl Dion
1978
Tras unha breve carreira como actor, Cyril pasa a coordinar proxectos para a fundación Hommes de Parole. Participa na organización do congreso israelita-palestino de Caux en 2003 e despois no primeiro e no segundo Congreso Mundial de Imáns e Rabinos pola Paz celebrados en Bruxelas e Sevilla en 2005 e 2006. En 2007 crea con Pierre Rabhi e algúns amigos o movemento Colibris que dirixirá até xullo de 2013. Na actualidade é voceiro e membro do comité directivo. Entrementres cofunda a revista Kaizen e a colección Domaine du Possible de Actes Sud. En 2010 coproduce con Colibris o documental «Solutions locales pour un désordre global» de Coline Serreau. Publicou en 2014 unha escolma de poemas titulada «Assis sur le fil» en Éditions de la Table Ronde.
Autoría:Mélanie Laurent
Actriz desde os catorce anos, Mélanie participou en case corenta películas, entre as que destacan Inglorius Bastards de Quentin Tarantino, Je vais bien ne t’en fais pas de Philippe Lioret (pola que recibiu o premio César á mellor actriz revelación), Le Concert de Radu Mihaileanu, La rafle de Roselyn Bosch, Night train to Lisbon de Billie August e Beginners de Mike Mills. Dirixiu catro películas: dúas curtas e dúas longametraxes. A segunda longametraxe, Respire, é unha adaptación da novela de Anne-Sophie Brasme estreada en outubro de 2014 e foi presentada na Semana da Crítica durante o festival de Cannes dese ano.

“Demain (Mañá) – Blu-ray”

Non hai opinións aínda.