• img-book
    Biodiversidade

    Raphaël Billé, Philippe Cury, Michel Loreau, Virginie Maris, Sylvestre Huet (coord.),

ISBN: 978-84-945917-2-3

Biodiversidade

de: Raphaël Billé, Philippe Cury, Michel Loreau, Virginie Maris, Sylvestre Huet (coord.),

Cara a unha sexta extinción masiva.
Nunha indiferenza case xeral, o noso planeta entra nunha fase de extinción masiva provocada polo ser humano, a sexta desde que a vida se diversificou na Terra hai 500 millóns de anos. Cales son os mecanismos e as causas principais e como evitar ou limitar esta sexta extinción?

Biodiversidade, cara a unha sexta extinción masiva.

O coordinador da obra reúne a catro científicos de distintas especialidades. Todos eles ofrecen e contrastan as súas distintas perspectivas dun mesmo tema: a biodiversidade e a deriva cara a unha sexta extinción en masa. Un ecólogo, un biólogo mariño, un especialista en xestión e economía do medio e unha filósofa do medio convídannos á súa mesa. A partir dos seus coñecementos, dos seus temores mais tamén das súas esperanzas, achégannos unha visión científica e cidadá sobre a sexta extinción masiva, a primeira do Antropoceno. O libro divídese claramente en dúas partes: o debate científico e o debate social. Isto fai que resulte máis interesante e que precisamente vaia máis aló da ecoloxía puramente.  Tamén reflexiona sobre as consecuencias económicas e sociais. Nunha indiferenza case xeral, o noso planeta entra nunha fase de extinción masiva provocada polo ser humano. A sexta desde que a vida se diversificou na Terra hai 500 millóns de anos. A sobreexplotación dos recursos, o consumo excesivo, a oferta excesiva, as sobrecapacidades tecnolóxicas, o cambio climático, a deforestación, etc., os seres humanos entréganse a unha destrución masiva dos ecosistemas a escala planetaria. E o noso modo de desenvolvemento condena probablemente unha especie cada vinte minutos. Cales son os mecanismos e as causas principais da extinción das especies? Que podemos esperar das axendas políticas? Cómpre promover unha ecoloxía de combate ou unha ecoloxía da reconciliación que volva colocar o ser humano na natureza? Como evitar ou limitar esta sexta extinción?

ISBN: 978-84-945917-2-3
Editora: Catro Ventos Editora
Data de publicación: 2016
Número de páxinas: 204

Autoría:Raphaël Billé
Coordinador de proxecto na Secretaría Xeral da Comunidade do Pacífico (CPS) en Nouméa (Nova Caledonia) e investigador asociado ao Instituto de Desenvolvemento Sostible e Relacións Internacionais (IDDRI, Facultade de Ciencias Políticas de París). Despois de dirixir durante sete anos o programa «Biodiversidade» e o equipo «Adaptación ao cambio climático» do IDDRI, asumiu recentemente na CPS a dirección do proxecto rexional RESCCUE de xestión integrada das zonas costeiras (Fiji, Nova Caledonia, Polinesia francesa e Vanuatu).
Autoría:Philippe Cury
Director de investigación do Instituto de Investigación para o Desenvolvemento (IRD), director do Centro de Investigación Pesqueira Mediterránea e Tropical de Sète (Francia) e da Unidade Mixta de Investigación (UMR) 212 dedicada ao enfoque ecosistémico da pesca. Antigo director do consorcio europeo Eur-Oceans (de 2008 a 2013), na actualidade é codirector, xunto a Catherine Boyen (CNRS), do consorcio Euromarine.
Autoría:Michel Loreau
Ecólogo, director de investigación no CNRS, director do Centro de Teoría e Modelización da Biodiversidade (CTMB) de Moulis (Francia).
Autoría:Virginie Maris
Filósofa do medio, investigadora do CNRS no Centro de Ecoloxía Funcional e Evolutiva (CEFE) de Montpellier (Francia).
Xornalista no diario Libération, especializado en información científica. Director da colección 360 da editorial La Ville Brûle.

Información adicional

Weight 0.3 kg
Dimensions 13 x 1.5 x 20 cm

“Biodiversidade”

Non hai opinións aínda.