• img-book
    A ruta dos refuxiados

    Unai Beroiz, Felipe Carnotto, Adrián Irago, Cristian López, Juan Teixeira,

ISBN: 9788494591716

A ruta dos refuxiados

de: Unai Beroiz, Felipe Carnotto, Adrián Irago, Cristian López, Juan Teixeira,

Un libro para seguir as pisadas de millóns de persoas refuxiadas. Esta crónica en imaxes relata un dos fitos fundamentais da nosa historia recente; un percorrido gráfico pola crise humanitaria que axita a conciencia de Europa. Un retrato colectivo que ilustra as condicións de vida nas principais vías de entrada ao continente.

Bótalle un ollo en ISUU aquí ou descarga o PDF.

16,00

Unidades dispoñibles

Cantidade:
Acerca deste produto

A ruta dos refuxiados

É nas miradas onde se agochan a maioría de respostas dos refuxiados e este libro trata, precisamente, sobre a mirada. Sobre a ollada de tres fotógrafos galegos que documentan a maior crise humanitaria que viviu a chamada Unión Europea, miradas propias cun elemento común: o foco posto nas vítimas e o lente orientado ao seu contexto.

Páxinas feitas de miradas de terror, de recordos que apenas poden contarse con palabras; de miradas que nos miran, preguntando como e por que este trato, de que fixeron para merecer tal desprezo; de olladas cheas de abulia e desconfianza entre quen os recibe; de miradas que berran inxustiza; de miradas cargadas de angustia e desesperanza, pasada, presente e futura.

Por cada exemplar vendido destinarase 1 euro á organización de axuda aos refuxiados escollida polos autores que neste caso é DO YOUR PART.

Bótalle un ollo en ISUU aquí ou descarga o PDF.

Autoría:Unai Beroiz
Fotoxornalista freelance desde hai case dez anos, obtivo en 2006 o título de Técnico Superior en Imaxe na Escola de Cinema e Vídeo de Andoain. Completa a súa formación co Curso de Fotoxornalismo de Sergi Reboredo e Albert Masó na Escola CEV de Barcelona e con obradoiros impartidos por profesionais como Gervasio Sánchez, David Beriain ou Joan Roig. Colabora con organizacións humanitarias, os seus traballos saíron publicados en medios como La Vanguardia, El Periódico de Catalunya, Diario de Noticias de Navarra e prestixiosas cabeceiras como Makeshift. Recibiu tres Mencións de Honra nos Moscow International Photo Awards 2016.
Autoría:Felipe Carnotto
Fotógrafo documental. É licenciado en Comunicación Audiovisual pola UPSA de Salamanca. Entre os seus traballos, destaca a cobertura da crise dos refuxiados e a reportaxe «El asesino silencioso de Latinoamérica» sobre o mal do Chagas en Nicaragua, publicado en Planeta Futuro-El País. Ten obra na colección da Deputación de Pontevedra e do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Agora está a desenvolver un proxecto documental que abranga o fenómeno migratorio dunha forma global, desde Turquía a Alemaña.
Autoría:Adrián Irago
Reporteiro gráfico desde 2009 especializado en fotoxornalismo e edición multimedia. Licenciouse en Comunicación Audiovisual pola UPSA e cursou o Mestrado Internacional de Fotografía Documental no Centro Internacional de Fotografía e Cinema EFTI, en Madrid. Os seus traballos céntranse na cultura, na antropoloxía e nos temas de interese humano. Obtivo o Premio Nacional de Fotoxornalismo da Asociación Nacional de Informadores Gráficos de Prensa e Televisión no 2012. Colaborou coa axencia de noticias Contacto e destacan tamén as súas coberturas da crise económica en España e da recente crise dos refuxiados en Europa.
Autoría:Cristian López
Xornalista / reporteiro. Conta historias, documenta vidas, investiga cousas, escribe. Pasou por varios medios tras licenciarse, hoxe traballa e aprende como periodista independente, pola súa conta e risco. Publica sobre todo, con especial atención aos problemas sociais. Aínda utiliza caderno e boli. Cubriu eleccións e manifestacións nas rúas, entrevistou ex-presidentes e heroinómanos. Escoita e pregunta.
Autoría:Juan Teixeira
Fotógrafo documentarista. Neste ámbito, traballa como freelance, esa verba maldita que se cargou os dereitos e a seguridade dos xornalistas. Tamén traballa como fotógrafo de vodas e organizador de eventos culturais. Realizou un Mestrado de Xornalismo en Bilbao e desde entón, comeza a viaxar a sitios como Kosovo, Irán, Xeorxia, Cisxordania ou Grecia. Porén, o seu destino máis asiduo e que máis lle marcou foi Ucraína, onde cubriu o conflito no Donbass case desde o principio. Colabora habitualmente co xornal Gara e tamén publicou noutros medios nacionais e nalgún internacional.

Información adicional

Weight 0.2 kg
Dimensions 2 x 26 x 21 cm

“A ruta dos refuxiados”

Non hai opinións aínda.