• img-book
    contaportada Océanos

    Esther Gonstalla

ISBN: 978-84-945917-9-2

O libro dos océanos. Acerca da ameaza dos mares

by: Esther Gonstalla

Verteduras de petróleo, sobrepesca, illas de refugallos plásticos… Hai tempo que os nosos mares deixaron de ser fonte de saúde, alimento e benestar. Nas últimas décadas, a contaminación e o espolio dos océanos aumentaron de forma notable. Mais cal é o auténtico estado do meirande ecosistema da Terra? Malia levarmos vivindo dende sempre do mar e co mar, hoxe en día segue a ser un dos territorios máis descoñecidos do planeta. Esta falta de coñecemento podería converterse na ruína do océano e, en consecuencia, na ruína do ser humano.

Cun deseño atractivo e informativo, e textos ben documentados, co apoio científico da German Ocean Foundation, Esther Gonstalla crea neste libro un retrato detallado que nos permite comprender mellor as relacións que existen entre a actividade humana e os cambios que sofre o mar, un retrato que, alén de convidar á reflexión, se converte nun recurso para a acción.

Libro en tapa dura, tamaño A4.

21,50

Out of stock

Avisádeme cando esté dispoñible

O libro dos océanos.

Acerca da ameaza dos mares

Accidentes en plataformas petrolíferas, remuíños de refugallos plásticos, sobrepesca…: hai tempo que os mares deixaron de ser unicamente lugares de saudade e paraísos vacacionais; nas últimas décadas, a contaminación e o espoliación aumentaron de forma notable. Pero como lle vai en realidade ao meirande ecosistema da Terra? Malia que levamos dende sempre vivindo do mar e vivindo co mar, hoxe en día segue a ser un dos últimos territorios descoñecidos do planeta. Se até a Lúa está mellor investigada que as xigantescas masas de auga que tan importantes son para a Terra. Precisamente esta falta de coñecemento podería converterse na ruína do océano, e a nosa ruína! Para poder protexer este ecosistema tan sensible cómpre que entendamos mellor as relacións que existen entre a acción humana e os os cambios que sofre o biótopo mariño. Con este obxectivo, O libro dos océanos fai un completo retrato dos riscos e das oportunidades que permite ver claramente as relacións e interdependencias. Inclúe 45 gráficos de deseño atractivo e fáciles de comprender.

ISBN: 978-84-945917-9-2
Publisher: Catro Ventos Editora
Publish Date: 2018
Page Count: 128

Deseñadora gráfica especializada en deseño de libros, infografías e animacións dixitais (Erdgeschoss Grafik), e editora (Edgeschoss Verlag). Co seu traballo gráfico, que xira sempre arredor do estado e a protección do medio natural, pretende visualizar temas complexos de xeito accesible. Para este traballo sobre os océanos contou co apoio da fundación alemá German Ocean Foundation.