Crianza alternativa (2)
  • img-book

    Verteduras de petróleo, sobrepesca, illas de refugallos plásticos… Hai tempo que os nosos mares deixaron de ser fonte de saúde, alimento e benestar. Nas últimas décadas, a contaminación e o espolio dos océanos aumentaron de forma notable. Mais cal é o auténtico estado do meirande ecosistema da Terra? Malia levarmos vivindo dende sempre do mar e co mar, hoxe en día segue a ser un dos territorios máis descoñecidos do planeta. Esta falta de coñecemento podería converterse na ruína do océano e, en consecuencia, na ruína do ser humano.

    Cun deseño atractivo e informativo, e textos ben documentados, co apoio científico da German Ocean Foundation, Esther Gonstalla crea neste libro un retrato detallado que nos permite comprender mellor as relacións que existen entre a actividade humana e os cambios que sofre o mar, un retrato que, alén de convidar á reflexión, se converte nun recurso para a acción.

    Libro en tapa dura, tamaño A4.


    O libro dos océanos. Acerca da ameaza dos mares by: Esther Gonstalla 21,50

    O libro dos océanos.

    Acerca da ameaza dos mares

    Accidentes en plataformas petrolíferas, remuíños de refugallos plásticos, sobrepesca…: hai tempo que os mares deixaron de ser unicamente lugares de saudade e paraísos vacacionais; nas últimas décadas, a contaminación e o espoliación aumentaron de forma notable. Pero como lle vai en realidade ao meirande ecosistema da Terra? Malia que levamos dende sempre vivindo do mar e vivindo co mar, hoxe en día segue a ser un dos últimos territorios descoñecidos do planeta. Se até a Lúa está mellor investigada que as xigantescas masas de auga que tan importantes son para a Terra. Precisamente esta falta de coñecemento podería converterse na ruína do océano, e a nosa ruína! Para poder protexer este ecosistema tan sensible cómpre que entendamos mellor as relacións que existen entre a acción humana e os os cambios que sofre o biótopo mariño. Con este obxectivo, O libro dos océanos fai un completo retrato dos riscos e das oportunidades que permite ver claramente as relacións e interdependencias. Inclúe 45 gráficos de deseño atractivo e fáciles de comprender.

  • img-book

    Actividades inspiradas no método Montessori. 0-2 anos

    Unha guía práctica, chea de actividades e xogos con obxectos sinxelos que podedes atopar pola casa, e moitos consellos e suxestións interesantes —todos eles en liña cos principios do método Montessori— entre os que poder escoller aqueles que mellor reflictan a personalidade e o período sensible de pequenos de ata dous anos de idade. Os cativos non son obxectos cos que pór en práctica as nosas propostas, senón persoas que precisan un ambiente preparado con coidado, con moitas actividades diferentes e estimulantes que respondan ás súas necesidades de tocar, manipular, explorar con todos os sentidos, alimentando e sostendo o proceso natural de crecemento de cada neno

    Podes ver unha pequena mostra do libro en ISSUU  ou descargala en PDF


    Como liberar o potencial do voso neno by: Daniela Valente 18,50

    Como liberar o potencial do voso neno,

    Actividades inspiradas no método Montessori. 0-2 anos

    É un libro práctico para os pais, con moitos consellos para pór en práctica co neno, actividades sinxelas con obxectos que é doado atopar pola casa e suxestións inspiradas nos principios de filosofía montessoriana, que considera que o cativo necesita un ambiente adicado a el e preparado con tento, con moitas actividades diferentes para que el mesmo escolla a máis axeitada segundo a súa necesidade de tocar, manipular, explorar con todos os sentidos, alimentando e sostendo a evolución natural do crecemento de cada pequeno.

    Na primeira parte, a autora asenta un pouco as súas ideas sobre a mellor maneira de educar os nenos, explica os principios da filosofía Montessoriana, acompañándoos dunha xustificación que os apoia e describe os materiais necesarios para realizar as actividades que suxire o libro. Na segunda parte, propón actividades e consellos para estimulalos e axudar a que desenvolvan diversas destrezas de forma autónoma. En cada actividade explica cales son os seus beneficios, porque facela dun xeito e non doutro, os materiais precisos e a fase de desenvolvemento na que mellor pode funcionar.

    Podes ver unha pequena mostra do libro en ISSUU  ou descargala en PDF

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de cookies pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies