Como facer unha xaboeira con paus chineses

22/03/2017
Posted in Faino ti
22/03/2017 Catro Ventos

Como facer unha xaboeira con paus chineses

Nada mellor que dar unha segunda vida aos materiais que usamos habitualmente, de tal xeito que o refugallo acade unha utilidade e alonguemos a súa vida útil. Podes obter máis información sobre o autoconsumo e o uso ecolóxico de distintos produtos en Limpeza creativa. Pero agora imos coa tarefa de facer unha estupenda xaboeira.

Materiais

  • Palillos chineses
  • Serra de man
  • Lixa fina
  • Pegamento transparente
  • Cordel resistente á humidade
  • Metro ou regra

Facendo a xaboeira paso a paso

  1. Toma medidas: antes de comezar, tes que decidir de que tamaño queres facer a xaboeira. Toma medidas de onde a vas pór, se queres pór un ou máis xabóns, etc. Xa que a fas ti, que sexa adecuada para o teu uso e espazo.
  2. Corta as pezas coa serra: a estrutura é similar á dunha balsa en miniatura, polo que reserva dous palillos para a base e os demais para a parte superior. Ten en conta que algúns palillos son máis estreitos nun lado que noutro, polo que nese caso podes alternar as pezas de orientación. Non esquezas limpar ben os palillos antes de traballar con eles e lixalos unha vez cortados coa serra para deixar os cortes lisos.
  3. Pega as pezas: facendo un uso axeitado do pegamento, aplícao nos puntos de unión. Lembra que deben estar ben limpos para que o pegamento faga o seu traballo. Agarda a que seque antes de manipular a túa nova xaboeira.
  4. Ata as unións cun cordel: se o prefires, no canto de pegamento podes atar as unións da xaboeira facendo nós cruzados para cada unión. Procura que o cordel que uses ademais de ser bonito, sexa resistente á humidade.

 

E velaquí tes a túa xaboeira lista para usar e feita por ti!

, , , ,

Catro Ventos

Catro Ventos Editora S. Coop. Gal. ofrece os mellores libros sobre ecoloxía, economía social, consumo responsable e educación e crianza alternativas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de cookies pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies