fbpx

A editora

Cooperativa

Catro Ventos Editora é unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro fundada en Vigo en 2016 e constituída por cinco persoas socias, todas procedentes e especializadas en diferentes eidos, pero cuns valores e preocupacións comúns.

Misión

A idea de pór en marcha a editorial xurdiu da combinación de dous elementos igual de importantes: o desexo de poder desenvolver unha actividade profesional que non só sexa viable economicamente, mais tamén coherente cos principios éticos das persoas socias que participamos no proxecto; e a constatación de que existe un baleiro no mundo editorial galego nos eidos da economía social e da ecoloxía, malia o interese cada vez maior da sociedade en xeral por estas cuestións.

Visión

Desde o comezo tivemos claro que o noso era o modelo da economía alternativa e solidaria, no que os principios éticos, ambientais e sociais son cando menos igual de importantes cós principios económicos e profesionais.

Os 6 principios

Tomamos como punto de partida os seis principios establecidos pola Rede de Economía Alternativa e Solidaria (REAS). Podes ver o cumprimento dos mesmos no informe da auditoría social que fixemos en 2022.

Equidade

EQUIDADE

Dentro do respecto das nosas diferenzas individuais, todas as persoas socias temos os mesmos dereitos na vida interna da cooperativa. Isto concrétase en: «unha voz, un voto», igualdade de oportunidades, participación, transparencia na información, etc.

Traballo xusto

TRABALLO XUSTO

Temos presentes as dimensións humana, social, política, económica, cultural e ambiental do traballo, e aspiramos a levar a cabo un labor estable e de calidade. Isto concrétase na igualdade salarial para todas as persoas socias.

cooperación

COOPERACIÓN

Queremos fomentar a cooperación en lugar da competencia, promovendo o traballo cooperativo e as sinerxías con outras persoas e organizacións. Isto concrétase na participación en entidades como REAS e en proxectos conxuntos con outras entidades da economía social e solidaria.

sustentabilidade

SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL

Toda a nosa actividade produtiva e económica ten a ver coa natureza, polo que trataremos permanentemente de reducir a nosa pegada ecolóxica e fomentar o consumo responsable. Isto concrétase na aposta polo uso de papeis certificados ou reciclados, de tintas vexetais e de cadeas curtas de produción (provedores de proximidade) e no estudo de vías para compensar as nosas emisións.

sustentabilidade económica

SUSTENTABILIDADE ECONÓMICA

Somos unha cooperativa sen ánimo de lucro, cremos na redistribución da riqueza que xeramos, na independencia política e ideolóxica, na transparencia e na xestión democrática, na sustentabilidade económica e no financiamento ético. Isto concrétase no reinvestimento de todos os posibles beneficios na propia cooperativa e en proxectos afíns.

contorna

 COMPROMISO COA CONTORNA

Buscamos a participación no desenvolvemento local comunitario e sustentable, creando redes de acción común solidaria e aplicando o principio «Pensa global, actúa local». Isto concrétase na busca de provedores locais e na intención de conseguir un «retorno» á sociedade (proxectos de acceso libre e gratuíto a contidos relacionados cos temas que tratamos na editorial).

Somos socias

entidades

Persoas socias

Alicia R. Malga

Deseñadora e encargada de produción, lectora empedernida, chelista…

Aínda que a miren mal, encántalle a choiva. Este é o pais da choiva, non?

facebookMail

Isidro Dozo

Deseñador / comunicador, dixital até a medula, lector de banda deseñada…

Cando está co teléfono móbil, está traballando. En serio.

facebooktwitterMail

María Mediero

Tradutora de italiano, portugués e inglés. Entusiasta das linguas, consumidora cada día máis responsable (e, daquela, menos consumidora) e lectora acérrima de todo o que acaba nas súas mans.

Ela nunca ten frío! Pode ler e corrixir en manga curta todo o ano.

facebookMail

Miguel Braña

Tradutor de inglés e francés. Socio de Fiare Banca Etica, Nosa Enerxía e Eticom; membro de EQUO.

As Canarias son a súa segunda casa (ou a primeira). Así sorrí tanto!

facebooktwitterMail

Patricia Buxán

Doutora en tradución e interpretación especializada en tradución técnica e tradución editorial do alemán e o inglés para o galego e o español.

Eficaz, eficiente e moi traballadora. Cando lle deixan traballar, claro.

facebookMail

equipo

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de privacidade pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies