Products

Ecoloxía

Showing all 8 results

  • Lote océanos e polbos

    27,45

    Inclúe un exemplar de O libro dos océanos e calcetíns SomosOcéano modelo polbos negros cun desconto do 10 %.

    Calcetíns polbos


    Estos calcetíns están confeccionados nun suavísimo algodón peinado, que son as fibras máis longas e finas do algodón.

    Deseñados en Galicia. Fabricados en Portugal.

    Dispoñibles en dúas tallas: 36-40 e 41-45. Indica a que queres nos comentarios do pedido.

    , ,

  • Lote océanos e xoubas

    27,45

    Inclúe un exemplar de O libro dos océanos e calcetíns SomosOcéano modelo xoubas azuis cun desconto do 10 %.

    Calcetíns xoubas


    Estos calcetíns están confeccionados nun suavísimo algodón peiteado, que son as fibras máis longas e finas do algodón. Deseñados en Galicia e fabricados en Portugal. Dispoñibles en dúas tallas: 36-40 e 41-45. Indica a que queres nos comentarios do pedido.

    , ,

  • Lote caderno e nécoras

    25,65

    Inclúe un exemplar de Caderno de campo das illas Cíes e calcetíns SomosOcéano modelo nécoras azuis cun desconto do 10 %.

    Calcetíns nécoras


    Estos calcetíns están confeccionados nun suavísimo algodón peinado, que son as fibras máis longas e finas do algodón.

    Deseñados en Galicia. Fabricados en Portugal.

    Dispoñibles en dúas tallas: 36-40 e 41-45. Indica a que queres nos comentarios do pedido.

    ,

  • Caderno de campo das Illas Cíes

    19,50

    Catro rutas ilustradas polas illas Cíes

    «No salvaxe radica a preservación do mundo» escribiu Thoreau a propósito do camiñar pola natureza, e precisamente isto é o que che propón este caderno: catro rutas polas illas Cíes guiadas polas acuarelas dun lagarto arnal, do corvo mariño cristado, de varias gaivotas patiamarelas…
    Este libro é un caderno de campo, é dicir, unha compilación de ilustracións da natureza feitas en lapis e acuarela por José Arcas (biólogo e artista) para pór en valor o patrimonio natural das illas Cíes. Neste caso, a fermosa experiencia visual enriquécese ademais coas paisaxes sonoras do arquivo de Carlos Suárez.

    Aquí podes ver unha mostra do libro en liña ou descargala en PDF.

  • O libro dos océanos

    O libro dos océanos

    21,50

    Verteduras de petróleo, sobrepesca, illas de refugallos plásticos… Hai tempo que os nosos mares deixaron de ser fonte de saúde, alimento e benestar. Nas últimas décadas, a contaminación e o espolio dos océanos aumentaron de forma notable. Mais cal é o auténtico estado do meirande ecosistema da Terra? Malia levarmos vivindo dende sempre do mar e co mar, hoxe en día segue a ser un dos territorios máis descoñecidos do planeta. Esta falta de coñecemento podería converterse na ruína do océano e, en consecuencia, na ruína do ser humano.

    Cun deseño atractivo e informativo, e textos ben documentados, co apoio científico da German Ocean Foundation, Esther Gonstalla crea neste libro un retrato detallado que nos permite comprender mellor as relacións que existen entre a actividade humana e os cambios que sofre o mar, un retrato que, alén de convidar á reflexión, se converte nun recurso para a acción.

    Libro en tapa dura, tamaño A4.

    Podes ver unha mostra do libro en ISUU ou en PDF.

    ,

  • Xuízo aos humanos

    16,00

    Os animais do planeta Terra reúnense na selva para celebrar un xuízo extraordinario. Acusan o ser humano de crimes atroces: calumnias, maos tratos e xenocidio.

    É realmente o Homo sapiens unha ameaza para a vida terrestre, unha especie arrogante, cruel e asasina? Ou pode aínda redimirse perante o resto dos animais? Chegou a hora de se enfrontar á Lei da xungla.

    Podes ver unha pequena mostra en Issuu ou descargala en PDF

    ,

  • Biodiversidade

    18,50

    Cara a unha sexta extinción masiva.
    Nunha indiferenza case xeral, o noso planeta entra nunha fase de extinción masiva provocada polo ser humano, a sexta desde que a vida se diversificou na Terra hai 500 millóns de anos. Cales son os mecanismos e as causas principais e como evitar ou limitar esta sexta extinción?

    Podes ver unha pequena mostra do libro en Issuu ou descargala en PDF

    ,

  • Demain (Mañá)

    12,9514,95

    Que pasaría se mostrar solucións ou contar historias que fan o ben fose a mellor maneira de resolver os problemas ecolóxicos, económicos e sociais que ten o noso planeta?

    , , ,

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de cookies pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies