Products

Crianza alternativa

Showing all 5 results

  • Lote sexualidade e percebes

    20,70

    Inclúe un exemplar de Dúbidas reais de adolescentes sobre sexo e calcetíns SomosOcéano modelo percebes azuis cun desconto do 10 %.

    Calcetíns percebes


    Os calcetíns de SomosOcéano están confeccionados en máquinas de 200 agullas para obter debuxos así de detallados

    Deseñados en Galicia. Fabricados en Portugal.

    Dispoñibles en dúas tallas: 36-40 e 41-45. Indica a que queres nos comentarios do pedido.

    ,

  • Dúbidas reais de adolescentes sobre sexo

    14,50

    Hai algún problema por ter relacións sexuais con 14-16 anos? Os homes mastúrbanse máis ca as mulleres? Por que os rapaces teñen mamilas? Este libro nace das charlas formativas realizadas por unha xinecóloga especializada en diferentes centros de ensino secundario da comarca de Vigo e da necesidade de dar resposta a moitas cuestións que vos xurden a vós como adolescentes. Unha escolma das preguntas máis relevantes e frecuentes acompañada dunha explicación clara sobre os diferentes métodos anticonceptivos e preventivos de enfermidades, así como doutros aspectos que vos importan e que importa que coñezades.

    Podes ver unha pequena mostra do libro en ISSUU ou descargala en PDF.

  • Como liberar o potencial do voso neno

    18,50

    Actividades inspiradas no método Montessori. 0-2 anos

    Unha guía práctica, chea de actividades e xogos con obxectos sinxelos que podedes atopar pola casa, e moitos consellos e suxestións interesantes —todos eles en liña cos principios do método Montessori— entre os que poder escoller aqueles que mellor reflictan a personalidade e o período sensible de pequenos de ata dous anos de idade. Os cativos non son obxectos cos que pór en práctica as nosas propostas, senón persoas que precisan un ambiente preparado con coidado, con moitas actividades diferentes e estimulantes que respondan ás súas necesidades de tocar, manipular, explorar con todos os sentidos, alimentando e sostendo o proceso natural de crecemento de cada neno

    Podes ver unha pequena mostra do libro en ISSUU  ou descargala en PDF

  • As mulleres e os homes

    14,00

    Cando valoramos traducir As mulleres e os homes, escrito hai corenta anos, pensabamos que se cadra estaría desfasado porque disque neste tema a sociedade foi avanzando. En efecto, desde 1978 até 2018 producíronse moitos cambios, e, por sorte, case sempre para mellor. (Os lectores de máis idade han poder comprobar agora eses cambios ao leren este libro.)

    Así e todo, as mulleres non só non desfrutan de moitos privilexios que semellan reservados para os homes, senón que seguen a sofrer en todo o mundo grandes discriminacións.

    Aquí podes ver unha mostra do libro en ISUU ou descargala en PDF.

    ,

  • Así é a ditadura

    14,00

    Este libro fai parte dunha colección de catro títulos pensada para os lectores máis novos que publicou entre os anos 1977 e 1978 a editorial barcelonesa La Gaya Ciencia.

    O ditador Franco morrera só un par de anos antes e o país estaba a vivir unha etapa —a Transición— que achegaría os primeiros cambios democráticos. Xa pasaron case corenta anos desde aquela e pensamos que o espírito e a maior parte da letra deste libro está completamente vixente, polo que decidimos volver editalo con novas ilustracións.

    Aquí podes ver unha mostra do libro en Issuu ou descargala en PDF.

    ,

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de cookies pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies