Author avatar
Equipo Plantel e Mikel Casal
1965

Mikel publica os seus deseños e caricaturas en xornais e revistas de todo o mundo, mesmo no afastado Perú. Os primeiros anos da súa vida transcorreron durante a ditadura. Non lle acorda demasiado, porque era un cativo, mais sentía (era un pequeno coas antenas postas) que derredor del se respiraba un ambiente de tristura. Soubo, por persoas máis vellas que llo contaron, que moita xente vivía con medo. Alén de debuxar, a Mikel o que máis lle presta é facer surf. Adoita ir co seu fillo Telmo á praia da Zurriola e ven saír o sol mentres se enfrontan ao vento e ao mar montados nas súas táboas. Non sabemos se o pensan, pero vivir nunha ditadura ha ser exactamente o oposto a voar sobre unha onda.

Produtos de Equipo Plantel e Mikel Casal
Outros/as autores/as

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de cookies pincha na ligazón. PECHAR