Author avatar
Equipo Plantel e Luci Gutiérrez
1977

Luci ilustrou moitos libros infantís. Algúns en Italia e en italiano. Tamén fixo outras obras que non son nin para nenos nin para nenas, como Kamasutra (aínda que a palabra soe graciosa), e outros que son máis ben para ela mesma, como English Is Not Easy (‘O inglés non é doado’), que escribiu e debuxou para ver se así aprendía a lingua dunha vez por todas. Polo de agora, segue a estudar e viaxa sempre que pode a Nova York, onde ademais publica os seus debuxos en varias revistas, todas en inglés. Nas rúas de Nova York, que son un museo vivo, Luci crúzase con mulleres e homes de todas as partes do mundo: observa con atención estas persoas, debúxaas no seu caderno e despois pasan aos seus libros.

Books by Equipo Plantel e Luci Gutiérrez
Other author

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de cookies pincha na ligazón. ACEPTAR

Aviso de cookies