Author avatar
Ciryl Dion
1978

Tras unha breve carreira como actor, Cyril pasa a coordinar proxectos para a fundación Hommes de Parole. Participa na organización do congreso israelita-palestino de Caux en 2003 e despois no primeiro e no segundo Congreso Mundial de Imáns e Rabinos pola Paz celebrados en Bruxelas e Sevilla en 2005 e 2006.

En 2007 crea con Pierre Rabhi e algúns amigos o movemento Colibris que dirixirá até xullo de 2013. Na actualidade é voceiro e membro do comité directivo. Entrementres cofunda a revista Kaizen e a colección Domaine du Possible de Actes Sud. En 2010 coproduce con Colibris o documental «Solutions locales pour un désordre global» de Coline Serreau. Publicou en 2014 unha escolma de poemas titulada «Assis sur le fil» en Éditions de la Table Ronde.

Produtos de Ciryl Dion
Outros/as autores/as

Uso de cookies

Informamos por cuestións legais de que este sitio manexa testemuños (cookies técnicas) para facilitar a navegación e a xestión da sesión de usuario.
Catro Ventos Editora non recolle nin procesa información persoal. Para revisar a nosa política de cookies pincha na ligazón. PECHAR